0 Elementos agregados recientemente 0,00 €

Su cesta está vacía

Agrégale productos. ¡Consulta nuestra amplia gama de productos!

As xoias de Serramoura

As xoias de Serramoura


As nosas xoias están presentes na serie de éxito de Voz AudiovisualSerramoura, cada domingo en hora de máxima audiencia na TVG.

Blancoynegro, Casiopea, Hexagonal, Kaleidoscopio, Origami chapado en oro, Origami óxido, Sfera, son algunhas das coleccións que estamos vendo cada domingo pola noite, na pequena pantalla, levadas por actrices da talla de Sabela Arán, Melania Cruz, Isabel Naveira, Arantxa Treus e incluso Lucía Regueiro.


Estamos encantados de ver tan boas actrices coas nosas xoias, pero ademais, estamos moi orgullosos de formar parte do éxito que está acadando cada capítulo: un éxito de audiencia, pero sobre todo de divulgación e de fidelización polas redes sociais.

Cada domingo, intercámbianse polas RRSS centos de capturas de pantalla da serie. Aquí xa nos chegou aviso dunhas cantas...


A nosa "relación" con Serramoura xa ven da temporada anterior, cando lanzamos o concurso "Mulleres de armas tomar", no que agasallamos varios pares de pendentes como os que deseñamos para Lucía Regueiro, a modo de guiño ao seu papel de sarxento. Por certo, pronto a sarxento Neira de Serramoura levará uns pendentes nosos... Atentas e atentos!

 

Estes días, decidimos retomar o concurso Mulleres de armas tomar, con dous pares de pendentes, xa listos para ser entregados. Faremos unha pregunta o luns 13 de xuño, na nosa páxina de Facebook e entre todas as contestacións correctas sortearemos os pendentes:

Detrás desta colaboración de Ardentia con Serramoura están varias persoas ás que queremos agradecer de novo o seu tempo e a súa confianza. Para nós é unha honra ter as nosas xoias presentes no vestuario de Serramoura. Graciñas e desexámosvos moito éxito desde Bergondo!