0 Elementos agregados recientemente 0,00 €

Su cesta está vacía

Agrégale productos. ¡Consulta nuestra amplia gama de productos!

Entrega de últimas xoias de Mulleres de armas tomar

Entrega de últimas xoias de Mulleres de armas tomar

O sábado 9 de xaneiro entregamos as últimas xoias do concurso Mulleres de armas tomar, que convocamos cada luns, durante unhas doce semanas, asociado a cada capítulo de Serramoura emitido o domingo pola noite na TVG

Fixémolo no noso espacio "pop up", que tivemos no Centro Comercial Marineda (na Coruña, durante todo o Nadal) coa presenza da nosa actriz e presentadora favorita, con quen tivemos a gran sorte de poder contar para a convocatoria deste concurso: Lucía Regueiro.

As gañadoras que recibiron os últimos dous pares de pendentes ese día foron:

Alicia Lojo:

Marhy López:

Entre todas as persoas gañadoras dun par de pendentes, tal como tiñamos apuntado nas bases, fixemos o sorteo do colgante a xogo (tamén en prata 925, chapado en ouro de 18 kilates):

A gañadora do colgante foi Inma González, que tamén recibeu o seu premio da man de Lucía Regueiro:

Desde aquí queremos agradecer de corazón a todas estas persoas que participaron no noso concurso de Mulleres de armas tomar, cada semana.

Tamén debemos agradecerlle a Lucía Regueiro a súa inestimable disponibilidade e amabilidade.
Antes de rematar debemos agradecer tamén a Voz Audiovisual (produtores da serie, para a TVG) xa que gracias a este concurso abríronsenos as portas para colaborar con eles na seguinte tempada da serie, pero non debemos desvelar nada máis.

Quedamos con gañas de convocar outros concursos.