0 Elementos agregados recientemente 0,00 €

Su cesta está vacía

Agrégale productos. ¡Consulta nuestra amplia gama de productos!

Ritual de San Juan de Sabela García

Ritual de San Juan de Sabela García

Seguimos publicando los rituales recibidos para el concurso de San Juan.
Aquí le toca el turno al de Sabela García, ganadora número 1, cuyo relato empató en puntos con el de Lola Pereira.


Se penso no San Xoán, penso na miña avoa

Se penso no San Xoán, penso na miña avoa, á cal acompañaba desde pequeniña na tarde do 23 de xuño a buscar as herbas para preparar a auga.
Fiuncho, chopo blanco, roseiras, romeu, herba luisa, herba de S. Xoán... todo o que atopabamos que cheiraba ben, alá ía para o ramo.
Ao chegar á casa metíanse nun caldeiro de auga, repousando toda a noite para ao día seguinte, nada máis levantarse, lavar a cariña... Ben lavada para botar fóra os malos espíritus e aproveitar para ir cheirando ben á festa na aldea.
Pero a noite de San Xoán era bastante máis. Era a noite onde os veciños nos xuntabamos para cear nas eiras e facer un lumeiro para queimar todo o vello. Cando as lapas eran o suficientemente pequenas, alá saltabamos, sempre tres veces. E se tiñamos ganas, pois era moi divertido, máis saltabamos, que o de menos era o número. Que ben lembro ao meu avó gritando "bruxas fóra!!!".
Eses recordos de saltos, aromas, lume, gritos, sardiñas, paseos... fixeron que a noite de San Xoán se convertira na preferida do ano, e mira que me gusta o Nadal!
Agora tócame a min transmitir esta tradición ao meu fillo, para que a aprecie tanto como eu a aprecio. E non só para que cando sexa adulto teña bos recordos desta noite, se non porque creo que o que somos como pobo, é gracias a tradicións como a noite de San Xoán.